Sábado, 04 de setembro de 2010 | Actualizado 07:23

actualidade

  • 02.09.10

    Alcorcón 3 - R.C.Celta 2

    Por Redacción

    O Celta caeu de forma cruel en Alcorcón logo de superar con claridade ao seu rival durante todo o partido. menos no último minuto de cada parte e no primeiro da prórroga. Un penalti inexistente, unha xogada illada e un erro defensivo condenaron aos vigueses, que foron mellores, pero acabaron derrotados, esgotados e con nove xogadores. Dani Abalo e Iago Aspas foron os goleadores célticos.

    MÁIS»
  • 30.08.10

    CD Badajoz 0 - Celta B 4

    Por Redacción

    Mellor imposible. O filial céltico comezou lonxe de Barreiro a Liga de Segunda B, e goleando o Badajoz. Sitúanse nesta primeira xornada lideres do seu grupo, unha mera anécdota, pero despois de varias tempadas amosando un gran nivel, esta podería ser a tempada soñada grazas o gran nivel futbolístico dos homes de Milo Abelleira.

    MÁIS»
  • 28.08.10

    R.C.Celta 1 - F.C.Barcelona B 2

    Por Redacción

    Gran partido o xogado polo Celta hoxe na xornada inaugural de Liga en Balaídos. En fronte un filial blaugrana cheo de calidade tamén entre as súas filas. O Celta chegou o descanso 0-2, un resultado moi inxusto despois do xogo ofrecido polos nosos. A segunda foi mais corazón que cabeza, e David conseguiu acurtar distancias, pero foron insuficientes. O Celta encadeou a quinta campaña...

    MÁIS»
  • 27.08.10

    R.C.Celta - Barcelona B en Directo

    Sábado as 18:00h dende Balaídos

    Por Rubén Herruzo

    Historia do Celta de Vigo prepara para esta tempada un novo servizo multimedia. Intentaremos na medida do posible, ofrecer alleamente a retransmisión dos partidos do R.C.Celta. Todos os streams son alleos a HistoriadoCeltadeVigo.net. Dende esta web estamos alleos a calquera sistema de piratería, o único que ofrecemos e a sinal mediante un enlace externo.

    MÁIS»
  • 24.08.10

    Colabora con nos mercando a 8ª marabilla do mundo

    Por Redacción

    No mundo antigo hai 7 marabillas, nos incluiremos a 8ª, o noso Coliseum particular con algún dos nosos deuses futbolísticos. Todo aquel que queira colaborar con nos, pode facelo, mercando un póster en A3 o prezo de 5€.

    MÁIS»
  • 24.08.10

    A Web seguira adiante co respaldo da Agrupación

    Por Rubén Herruzo

    A Web Agrupacion de Veteranos e Historia do Celta de Vigo, seguira traballando para lembrar a historia do noso equipo e seguir fomentando o celtismo por todo o mundo.

    MÁIS»
  • 22.08.10

    R.C.Celta 0 - Real Zaragoza 1

    XL Trofeo Cidade de Vigo

    Por Redacción

    O Celta caeu derrotado polo Real Zaragoza no Trofeo Cidade de Vigo, ofrecendo unha boa imaxe. Os celestes dominaron gran parte do encontro, xeraron ocasións e topáronse cun espléndido Leo Franco. Gran sabor de boca antes do inicio da Liga contra o Barcelona B.

    MÁIS»
  • 14.08.10

    R.C.Celta 2 - Oviedo 0

    LIX Trofeo Emma Cuervo

    Por Redacción

    O Real Club Celta xogou un bo partido hoxe en Ribadeo, no trofeo Enma Cuervo, e proclamouse campión tras derrotar ao Real Oviedo por 2-0, goles de Michu e Papadopoulos. Dani Abalo tivo que ser substituído no minuto 8 da segunda parte por unha forte entrada dun rival. O Celta superou con facilidade ao Oviedo en tódalas facetas do xogo.

    MÁIS»
  • 12.08.10

    Fin das polémicas

    Por Redacción

    Logo do sucedido nestas ultimas datas, con referencia os comunicados publicados por parte do club e dende esta web, queremos deixar o tema finiquitado. Dende esta páxina e mentres esta en funcionamento (o martes teremos unha resposta da Agrupación) adicarémonos o que sempre fixemos, fomentar o celtismo lembrar a súa historia e buscar o mellor para o noso equipo.

    MÁIS»
  • 12.08.10

    S.O.S. Historia do Celta de Vigo

    Por Redacción

    Despois de todo o acontecido nas ultimas semanas, estamos procurando cartos a través de empresas que queiran publicitarse nesta web. para poder seguir mantendo a paxina en aberto para o goce de tódolos celtistas que nos seguides de moitos recunchos do mundo.

    MÁIS»

Último encontro 01.09.2010

Ver Detalles
  • Alcorcón

     3 
  • R.C.Celta

     2 

Próximo encontro 05.09.2010

Ver Detalles
  • Numancia

  • R.C.Celta

Club Deportivo Numancia de Soria
Tempo oficial
05.09.2010 17:00
Club Deportivo Numancia de Soria
  • Cafeteria REVI
  • Borras y Parapar Abogados
  • Grupo Mochi
Entradas Gratis Tribuna