Mércores, 08 de setembro de 2010 | Actualizado 04:05

actualidade

  • 06.09.10

    A páxina pecha por falta de apoio

    Por Rubén Herruzo

    Fai un par de semanas a Agrupación de Veteranos nos daba o seu apoio para seguir adiante, pero da noite para a mañá, deixan de facelo, ¿por que? eu teño moitas respostas, pero non vou dar ningunha por respecto a o seu presidente Paco Doblas, o cal apoiou este proxecto para que saíra a luz fai mais de 9 meses.

    MÁIS»
  • 05.09.10

    Numancia 1 - R.C.Celta 3

    Por Redacción

    O Celta demostrou hoxe o seu potencial logrando un gran triunfo en Soria. Os de Herrera se desquitaron do fracaso da primeira xornada fronte ao Barça B e da eliminación en Copa ante o Alcorcón goleando ao Numancia. Esta vez non faltou puntería fronte á meta rival e xa na primeira parte conseguíronse os tantos de David Rodríguez, Dani Abalo e De Lucas. Nagore conseguiu o gol da honra para...

    MÁIS»
  • 05.09.10

    Celta B 2 - Rayo Vallecano B 0

    Por Redacción

    Estreo en Barreiro do filial céltico, con vitoria clara e merecida, ante o Rayo B. O equipo vigués realizou unha gran primeira metade e aplicouse ao máximo na segunda para superar un rival que apelou ao xogo brusco e directo. Mateo, de penalti, e Édgar foron os autores dos goles.

    MÁIS»
  • 04.09.10

    Numancia - R.C.Celta en Directo

    Domingo as 17h desde Los Pajaritos

    Por Redacción

    O domingo día 5, intentaremos volver a enlazar con algunha sinal que este retransmitindo o partido Numancia-Celta, para que todos vos podades xuntarvos neste mesmo recuncho e gozar xuntos do noso equipo.

    MÁIS»
  • 02.09.10

    Alcorcón 3 - R.C.Celta 2

    Por Redacción

    O Celta caeu de forma cruel en Alcorcón logo de superar con claridade ao seu rival durante todo o partido. menos no último minuto de cada parte e no primeiro da prórroga. Un penalti inexistente, unha xogada illada e un erro defensivo condenaron aos vigueses, que foron mellores, pero acabaron derrotados, esgotados e con nove xogadores. Dani Abalo e Iago Aspas foron os goleadores célticos.

    MÁIS»
  • 30.08.10

    CD Badajoz 0 - Celta B 4

    Por Redacción

    Mellor imposible. O filial céltico comezou lonxe de Barreiro a Liga de Segunda B, e goleando o Badajoz. Sitúanse nesta primeira xornada lideres do seu grupo, unha mera anécdota, pero despois de varias tempadas amosando un gran nivel, esta podería ser a tempada soñada grazas o gran nivel futbolístico dos homes de Milo Abelleira.

    MÁIS»
  • 28.08.10

    R.C.Celta 1 - F.C.Barcelona B 2

    Por Redacción

    Gran partido o xogado polo Celta hoxe na xornada inaugural de Liga en Balaídos. En fronte un filial blaugrana cheo de calidade tamén entre as súas filas. O Celta chegou o descanso 0-2, un resultado moi inxusto despois do xogo ofrecido polos nosos. A segunda foi mais corazón que cabeza, e David conseguiu acurtar distancias, pero foron insuficientes. O Celta encadeou a quinta campaña...

    MÁIS»
  • 27.08.10

    R.C.Celta - Barcelona B en Directo

    Sábado as 18:00h dende Balaídos

    Por Rubén Herruzo

    Historia do Celta de Vigo prepara para esta tempada un novo servizo multimedia. Intentaremos na medida do posible, ofrecer alleamente a retransmisión dos partidos do R.C.Celta. Todos os streams son alleos a HistoriadoCeltadeVigo.net. Dende esta web estamos alleos a calquera sistema de piratería, o único que ofrecemos e a sinal mediante un enlace externo.

    MÁIS»
  • 24.08.10

    Colabora con nos mercando a 8ª marabilla do mundo

    Por Redacción

    No mundo antigo hai 7 marabillas, nos incluiremos a 8ª, o noso Coliseum particular con algún dos nosos deuses futbolísticos. Todo aquel que queira colaborar con nos, pode facelo, mercando un póster en A3 o prezo de 5€.

    MÁIS»
  • 24.08.10

    A Web seguira adiante co respaldo da Agrupación

    Por Rubén Herruzo

    A Web Agrupacion de Veteranos e Historia do Celta de Vigo, seguira traballando para lembrar a historia do noso equipo e seguir fomentando o celtismo por todo o mundo.

    MÁIS»

Último encontro 05.09.2010

Ver Detalles
  • Numancia

     1 
  • R.C.Celta

     3 

Próximo encontro 11.09.2010

Ver Detalles
  • R.C.Celta

  • Córdoba

R.C.Celta de Vigo
Tempo oficial
11.09.2010 16:00
R.C.Celta de Vigo
  • Grupo Mochi
  • Cafeteria REVI
  • Borras y Parapar Abogados
Entradas Gratis Tribuna