Mércores, 08 de setembro de 2010 | Actualizado 04:13

Actualidade

Hércules 1 - R.C.Celta 0

Por: Redacción
01.03.2010
Un empate seria o resultado mais xusto, no partido xogado no Rico Pérez. Joselu volveu mandar un balón o pau cando iamos 0-0. Falcón detivo un penalti a Farinos. Joselu de cabeza e Iago Aspas nunha xogada persoal que acabou nos pes de Dani Abalo, puideron cambiar o resultado final. O colexiado volveu deixar de sinalar un penalti por mans da defensa alicantina dentro da area, nun tiro do Celta cando iamos empatados.
Hércules 1 - R.C.Celta 0 / Resumo Liga Segunda / 27-02-2010

 

   O conxunto galego apoderouse do balón dende o comezo e puxo en graves apretos ao seu rival na primeira metade. No minuto 18, Botelho avisou cun disparo cruzado que rozou o pau da portería herculina. Pouco despois, á media hora de xogo, tamén repeleu un remate de Joselu tras un saque de esquina de Trashorras. Ademais, o Celta pediu penalti por unha suposta man de Dani Bautista a centro de Vasco Fernández que o colexiado non asubiou.

   Tras o paso polos vestiarios, o Hércules recuperou terreo, sobre todo, da man de Tote que protagonizou varias accións ofensivas, nun primeiro momento, sen éxito. Tampouco estivo acertado Farinós, que no minuto 57 errou un penalti. Desta vez, o árbitro si advertiu a pena máxima cando Del Olmo foi derrubado por Vasco Fernández. Falcón, nunha grande intervención, desviou o balón e mantivo o 0-0.

   Os celestes seguían metidos no partido, creando xogadas de perigo, pero finalmente foron os alacantinos os que estrearon o marcador. Tote, desta vez máis atinado, logrou a proeza do 1-0 nun saque de esquina.

   Lonxe do desánimo, o Celta loitou polo empate que case conseguiu Dani Abalo tras unha boa xogada de Iago Aspas. Finalmente, grazas á intervención de Calatayud, o equipo local despediuse coa vitoria.

   Os vigueses estiveron arroupados, por celtistas de Cartaxena, Barcelona e mesmo chegados de Vigo. A peña Celtarras tamén estivo presente, logo de facer mais de 2000km, entre a ida e a volta. Parabéns a todos eles, por seguir o equipo en terras lonxanas.

FICHA 

Hércules: Calatayud, Juanra, Abraham Paz, Rodríguez, Dani Bautista, Farinós, Rodri (Gerardo, 68'), Rufete (Kilo, 57'), Tote, Del Olmo e Delibasic (Portillo, 80').

Celta: Falcón, Vasco, Noguerol, Túñez, Roberto Lago, Jonathan Vila (Iago Aspas, 78'), López Garai, Trashorras (Michu, 69'), Papadopoulos (Dani Abalo, 53'), Botelho e Joselu.

Goles: 1-0, Tote 74'.

Árbitro: Trujillo Suárez. Amoestou a Noguerol, Túñez, Vasco e Dani Bautista.

Estadio: Rico Pérez de Alacant. 12.000 siareiros. 

Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0 Hércules 1 - Celta 0
comentarios
Historia do Celta de Vigo eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario, tamén se eliminarán todas as mensaxes que non teñan nada que ver co contido da noticia ou que busquen crear conflitos entre os usuarios. Calquera dúbida poderá ser enviada por email o administrador da web. Soamente poderán deixar comentarios aquelas persoas que teñen un usuario de Facebook. Grazas pola súa participaciún.