Mércores, 08 de setembro de 2010 | Actualizado 03:46

O recuncho de Fernando Gallego

Fernando Gallego

Ex-director de Deportes de Faro de Vigo, medalla o Mérito Futbolistico pola F:G.F. , escritor da obra "75 años de historía del R.C.Celta" e gran amante do noso celtiña. Galardonado tamén co insignia de ouro e brilantes do Real Club Celta de Vigo.

Comentaríos e anécdotas

Fernando Gallego Arzuaga pasou a súa infancia entre a sede social do Real Club Celta -por razóns laborais dos seus pais-, entón na rúa Colón, onde chegou a coñecer, entre outros, a Miguel Muñoz, Mekerle, Pahiño, Marzá, Gaitos e Aretio entre outros, nos últimos anos da década dos corenta e primeiros dos cincuenta, e as instalacións de FARO DE VIGO na mesma rúa, poucos anos despois, xa que entrou a formar parte do persoal do FARO -maio de 1959- con só 14 anos de idade. Aos 18 ingresou na sección de Deportes, dirixida entón por Manuel Rodríguez Varela.

Desde entón seguiu con moito interese todos os acontecementos do Celta, coñecendo a fondo moitas das súas interioridades ao vivir directamente durante máis de trinta anos os adestramentos diarios do equipo e tamén os partidos non só os de Balaídos, senón tamén os que o Celta xogou lonxe de Vigo. En 1979 pasou a ocupar o cargo de xefe de sección de Deportes de FARO, cargo que ostentou ata xaneiro de 1996. Actualmente esta xubilado. Fernando Gallego, entre outros premios, está en posesión da medalla de prata ao Mérito Futbolístico da Federación Galega e foi nomeado como Vigués Distinguido.

Nesta sección encargásese de comentar desde o seu punto de vista, noticias sobre o Celta, do pasado e presente, así como comentar momentos vividos por el ao longo dos seus anos como celtista

Anécdotas e Curiosidades Históricas do R.C.Celta (I)

Nestas tres próximas colaboracións intentarei resumir diversas anécdotas e curiosidades que se produciron ao longo da historia do Real Club Celta. Obviamente non poderei fixar datas, na maioría dos casos, porque a memoria non me chega a tanto.
Gaitos sobre Gainza

 

   A primeira vez que o equipo vestiuse de gala para os desprazamentos fóra de Vigo foi o 9 de Febreiro de 1969, no desprazamento a Alcoy para enfrontarse ao Alcoyano. Oito días antes fíxose a foto oficial. Os xogadores do plantel, técnicos e directivos que acompañaban ao equipo tiñan que vestirse co traxe: pantalón gris e chaqueta azul mariño, co escudo bordado. A nova vestimenta deulle sorte ao equipo, pois precisamente ese ano ascendeu a Primeira División, logo de 10 anos en Segunda.

---oOo---

   Precisamente ese ano, xa como presidente o doutor don Ramón de Castro, que substituíra no cargo a don Daniel Alonso -un gran presidente, pero sen sorte- o Celta foi acusado de subornar ao porteiro do Xerez -partido disputado o 2 de marzo de 1969- e que gañou o Celta por 0-2. Tras o encontro, todos os medios informativos a nivel nacional denunciaron un presunto suborno a Fernández, porteiro do Xerez Industrial.

   O referido Fernández puxera en coñecemento do seu presidente horas antes do partido que dúas persoas lle ofreceran 300.000 pesetas no seu domicilio -para que o domingo contra o Celta deixe de ser un honrado profesional-. Un xuíz especial da Federación Española de Fútbol foi nomeado para investigar o caso, e no que o Celta esixiu que quedara limpo o nome do Club.

   A medida que se foron esclarecendo todos os feitos sóubose que os dous individuos que acudiron ao domicilio de Fernández eran dous xogadores pertencentes ao outro equipo da cidade, o Xerez Deportivo: Goñi e Villita. Ao final, a Federación non se pronunciou oficialmente e o caso quedou pechado e arquivado sen consecuencias para os dous futbolistas que chegaron a negar os feitos. E o Celta, está claro, limpo de toda sospeita.

---o0o---

   Sucedeu nun Celta- Athletic Bilbao en Balaídos, el 9 de Xaneiro de 1955. O campo bastante embarrado. Gainza trata de controlar un balón pola banda da bancada de Río, pero escorrega e vaise uns metros a gatas protexendo o esférico. Entón, Gaitos ante a imposibilidade de quitarlle o esférico sóbese a súa grupa e Gainza co defensa céltico encima aguántao durante uns metros. Unha das moitas anécdotas que se rexistran no fútbol. Aquilo provocou gargalladas nas bancadas.

---o0o---

   Partido Celta-Sevilla dos anos 50, tamén en Balaídos. Pepe Villar estaba encargado de marcar ao dianteiro centro andaluz, Pepillo un atacante que se protexía moito cos brazos abertos tratando de golpear os costados do seu marcador. Na segunda parte do encontro, o capitán céltico xa cansado de tanta –agresión- sen que o árbitro désese por decatado, aproveitou un momento no que o balón rondaba a área da portería sevillista onde estaba centrado o trío arbitral, o que aproveitou Pepe Villar para meterlle un dereitazo no estómago de Pepillo, chegando a dobrar os xeonllos. Ao final do encontro saíron como amigos.

---o0o---

   Triste foi o descenso a Segunda División B, a falta de dúas xornadas para concluír a Liga. O Celta necesitaba puntuar custara o que custara e gañar ao domingo seguinte en Balaídos ao Oviedo. Gañouse aos asturianos (3-0), pero se perdeu no vello Altabix tras un triste e polémico encontro. O gol do -gran capitán- Manolo non fora suficiente.

   Gilberto -o fino centrocampista hondureño- truncaría as ilusións dos célticos cun disparo potentísimo dende case o centro do campo que bateu irremisiblemente ao bo de Capó. Curiosamente, tempadas máis tarde Gilberto recalaría no Celta, cedido polo Valladolid e logo de pasar por unha grave lesión.

   Pois ben, aquel partido estivo rodeado de gran polémica horas antes polas emisoras de radio tanto alacantinas como nacionais, que aseguraban que o encontro estaba comprado, implicando na presunta compra ao adestrador entón do Elche, o coruñés Arsenio Iglexias. No transcurso do partido, así mesmo, houbo problemas entre Manolo e Culafic, xa que este desaproveitou unhas boas ocasións para marcar.

Fernando Gallego

Pepe Villar Pepillo do Sevilla Arsenio Iglesias
comentarios
Historia do Celta de Vigo eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario, tamén se eliminarán todas as mensaxes que non teñan nada que ver co contido da noticia ou que busquen crear conflitos entre os usuarios. Calquera dúbida poderá ser enviada por email o administrador da web. Soamente poderán deixar comentarios aquelas persoas que teñen un usuario de Facebook. Grazas pola súa participaciún.