Actualidade
R.C.Celta 2 - Montreal Impact 1
Interesante, disputado e intenso, o partido de adestramento desta mañá en Balaídos ante o conxunto canadense Montreal Impact, que realiza a pretempada na localidade lusa de Melgaço. O Real Club Celta venceu por dous goles a un con Papadopoulos e Cellerino como anotadores.
O equipo de Eusebio formou con dous onces diferentes en cada tempo, nos que participaron varios xogadores do filial. O grego Papadopoulos anotou na primeira metade tras unha boa asistencia de Álex López para adiantar os céltico, que encaixaron o tanto do empate antes do descanso.
Trala reanudación, Cellerino bateu ao meta rival cun forte disparo en carreira tras recibir un bo pase en profundidade. O encontro foi dominado con claridade polos celestes, que se toparon cun rival ben ordenado e de gran presenza física.
Fonte: www.celtavigo.net
Inicio 























