Actualidade
Un troco de acritude e de timón, URXENTE
Temos bos xogadores e un adestrador que sempre defendín, pero cos resultados na man non podemos esperar mais, ou dimite do seu cargo ou teñen que cesalo. Eusebio como persoa sempre será ben recordado aquí, pero como adestrador leva nesta tempada soamente 6 vitorias e unha media de goles dos mais baixos da categoría.
Xa non podemos pensar nos árbitros, nin nos lanzamentos o pau, nin na mala sorte...ou a directiva toma unha decisión drástica ou nos afundiremos no pozo da táboa clasificatoria para Segunda B. O próximo rival é o Albacete, de non sacar os tres puntos no Carlos Belmonte nos condenarían a postos de descenso.
A directiva fai unhas semanas anunciou que querían renovarlle, e penso que se precipitaron. Eusebio para manager ou para levar as categorías deportivas do Celta podería ser unha persoa adecuada, pero para seguir adestrando o R.C.celta NON. Todo o mundo ten o seu tempo para demostrar as súas cualidades, e por desgracia as cousas para el en casa Celta non están saíndo como quixeramos todos. Os plantexamentos tácticos que leva ofrecendo toda a tempada son experimentais, non xoga dous encontros seguidos co mesmo plantel ou ca mesma láctica, e as alturas de liga que estamos non se poden tolerar.
Un cambio de timón agora penso que estaría ben visto pola maioría dos afeccionados, pero sen voltar aos experimentos con adestradores novatos. Un David Vidal, ou mesmo un home da casa como pode ser calquera adestrador con anos aquí penso que seria a solución. Ten que ser alguén contrastado en segunda ou un adestrador das categorías inferiores, pero non un adestrador sen experiencia como sucedeu con Eusebio, e tantos outros que pasaron dende que Mouriño é presidente.
Hoxe volvín a ver a xente saíndo de Balaídos resignada, e iso vainos levar a Segunda B. Noutras tempadas por menos pediamos a cabeza dos presidentes e dos adestradores, pero dende o último descenso a xente xa non protesta, non asubía o rematar o encontro, e dáse un conta de que sen movilizarnos contra ese pasotismo, vamos a darnos de fuciños cun descenso que cada dia que pasa vese mais preto.
Os xogadores penso que non se lles pode criticar NADA, eles o dan todo, unhas veces lles saen mellor as cousas e outras a maioría por desgraza pois non lle saen. Pero eu síntome orgulloso deles, así que onde temos que pedir explicacións e no banco do adestrador ou no palco, non aí mais.
Hoxe Balaídos volveu ser un cemiterio, con 7000 siareiros nas bancadas, e así temos que ter seguro que non se ascende. A xente debería involucrarse mais co equipo, sei que non é doado, pero se es celtista tes que estar nos bos e nos malos momentos, e agora e cando todos xuntos debemos remar do mesmo lado. Unha grada entregada e animando os 90 min daría mais tranquilidade a estes xogadores que co panorama que se lles ven enriba, cada partido que pase van xogar con mais tensión e mais nervios que van provocar peores resultados.
A decisión que tomen o señor Chaves e o señor Mouriño debe ser inmediata e nun máximo de 48h, unha decisión con cabeza e que sexa a mais axeitada a nosa situación.
Non se pode dar mais tregua a esta crise, xa que o enfermo esta entrando nun coma profundo do que logo, nin as miragres van conseguir que nos salvemos a tempo. Levamos varios anos xogando co descenso e esta tempada temos tódalas papeletas para cumprir o mal fario, así que por favor señores directivos, mediten ben pero tomen unha decisión XA, polo ben da historia do noso querido Celta.
Inicio 
















