Actualidade
Celta B 2 - Sestao River 1
Venceu o Celta B, que comeza a mirar cara aos postos altos da táboa con esta vitoria (2-1) sobre o Sestao River, e a falta do partido aprazado en Bilbao polo Xynthia, achégase aos catro primeiros. O partido moveuse en 20 minutos do segundo tempo: Toni, en gran forma, adiantou ao filial celeste aos 57 minutos, Etxabe igualou tres minutos despois e Oriol sentenciou no 79.
Tras varios minutos de imprecisións, co Sestao máis metido no choque e buscando con perigo as costas da zaga, o Celta B espertou cunha ocasión clamorosa. Aos seis minutos, gran parede entre Oriol e Pedro Vázquez, quen regateou ao porteiro e cando se dispuña a empuxala sacouna un defensa de xeito milagroso.
O encontro estaba aberto, entretido. O Sestao buscaba un xogo directo, veloz e o filial combinaba con paciencia, buscando as bandas e con moita mobilidade arriba. Dúas propostas diferentes que proporcionaban un bo espectáculo, un partido intenso e dinámico.
O Celta B triangulaba con velocidade no centro do campo coa mirada nas bandas, onde Pedro e Toni recibían o apoio constante dos laterais. Coa zaga adiantada, os célticos abortaban as contras do Sestao con facilidade, aínda que co lóxico risco de que un desaxuste habilitase ao atacante.
Co conxunto vasco encerrado, os celestes buscaban un só toque para desmantelar o armazón defensivo, férreo, do Sestao, moi ordenado e voluntarioso. Oriol e Mateo probaron sen fortuna dende a frontal ao redor dos 20 minutos de xogo. Ao partido, intenso e disputado, faltábanlle ocasións, en especial no tramo final, no que ambas zagas impúñanse con autoridade e o coiro enredouse un tanto no centro o campo.
Tras a continuación, máis do mesmo. O Celta B dominaba, chegaba, acosaba. O Sestao defendía e contragolpeaba, pero sen inquietar o máis mínimo a Sergio, que vivía unha plácida mañá. O gol, inevitable, chegou aos 12 minutos tras unha brillante combinación entre Álex, Pedro e Richi, cuxo centro foi rematado por Toni na área pequena. O Celta B buscara con insistencia ese tanto, que con todo foi neutralizado en dous minutos nunha desafortunada xogada na que un fallo na entrega deixou só a Etxabe ante Sergio.
O conxunto vigués tratou de refacerse, de manter a súa proposta, aínda que o Sestao, incrédulo, redobrou os seus esforzos defensivos e aumentou as dificultades dos vigueses para chegar a zona de perigo.
Seguírono intentando, sen desmaio, ata que chegou o premio. No minuto 33, Pedro Vázquez centrou dende a dereita, Toni meteu o coiro na área pequena e Oriol rematou o fondo das mallas. O tanto facía xustiza ao empeño e vontade dos de Milo Abelleira, que ata o final defenderon con fiereza a súa vantaxe, que puido aumentar no desconto cun cabezazo ao traveseiro de Oriol.
FICHA
Celta B: Sergio Víctor, Alba, Carlos David, Richi, Álex López, Pillado (Pablo Lede, 71'), Mateo (Pedro García, 83'), Pedro Vázquez, Toni (Aitor, 89') e Oriol.
Sestao River: Oier, Larrategui, Larrazabal, Ibai, Izurza (Otero, 80'), Etxabe, Eizaguirre, Gramendia, Cerro, Bonilla (Yartu, 80') e Txejo.
Goles: 1-0 Toni, 57'. 1-1 Etxabe, 59'. 2-1 Oriol, 78'.
Árbitro: Carlos Sánchez Laso. Amonestóu os célticos Alba (66´), Oriol (81´) e Toni (89´) e os visitantes Oier (57´), Otero (85´) e Bergara (89´)
Estadio: Barreiro, uns 600 espectadores.
| Resultados | ||
|---|---|---|
| Lemona | 0 - 2 | Eibar |
| Alavés | 1 - 1 | Lugo |
| Celta B | 2 - 1 | Sestao |
| Montañeros | 2 - 1 | Mirandés |
| Ponferradina | 0 - 0 | Palencia |
| Pontevedra | 0 - 0 | Bilbao Ath. |
| Izarra | 3 - 0 | Barakaldo |
| C. Leonesa | 2 - 4 | Compostela |
| Guijuelo | 3 - 1 | R. Ferrol |
| Zamora | 0 - 1 | Osasuna B |
| Equipos | Puntos | X. | Casa | Fóra | Goles | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| G. | E. | P. | G. | E. | P. | F. | C. | ||||
| 1 | Ponferradina | 55 | 28 | 9 | 5 | 1 | 6 | 5 | 2 | 30 | 15 |
| 2 | Eibar | 55 | 28 | 11 | 2 | 0 | 5 | 5 | 5 | 34 | 22 |
| 3 | Palencia | 46 | 28 | 7 | 6 | 1 | 4 | 7 | 3 | 33 | 22 |
| 4 | Montañeros | 43 | 28 | 8 | 5 | 2 | 4 | 2 | 7 | 37 | 27 |
| 5 | Lemona | 43 | 28 | 6 | 5 | 3 | 5 | 5 | 4 | 41 | 32 |
| 6 | Pontevedra | 43 | 28 | 6 | 5 | 4 | 6 | 2 | 5 | 34 | 29 |
| 7 | Alavés | 42 | 28 | 6 | 6 | 2 | 4 | 6 | 4 | 30 | 23 |
| 8 | Lugo | 41 | 28 | 4 | 4 | 5 | 6 | 7 | 2 | 39 | 29 |
| 9 | Mirandés | 39 | 28 | 3 | 8 | 3 | 6 | 4 | 4 | 35 | 30 |
| 10 | Celta B | 39 | 27 | 6 | 4 | 5 | 5 | 2 | 5 | 36 | 36 |
| 11 | Barakaldo | 36 | 28 | 7 | 4 | 3 | 2 | 5 | 7 | 28 | 31 |
| 12 | Osasuna B | 34 | 28 | 5 | 6 | 3 | 3 | 4 | 7 | 25 | 34 |
| 13 | Bilbao Ath. | 32 | 27 | 7 | 1 | 5 | 1 | 7 | 6 | 27 | 28 |
| 14 | Guijuelo | 32 | 28 | 7 | 3 | 4 | 1 | 5 | 8 | 25 | 28 |
| 15 | C. Leonesa | 32 | 28 | 6 | 6 | 2 | 1 | 5 | 8 | 33 | 41 |
| 16 | Zamora | 31 | 28 | 6 | 4 | 4 | 2 | 3 | 9 | 27 | 39 |
| 17 | Izarra | 29 | 28 | 6 | 4 | 4 | 1 | 4 | 9 | 30 | 35 |
| 18 | Sestao | 29 | 28 | 5 | 4 | 5 | 2 | 4 | 8 | 23 | 31 |
| 19 | R. Ferrol | 28 | 28 | 4 | 4 | 5 | 2 | 6 | 7 | 22 | 30 |
| 20 | Compostela | 18 | 28 | 0 | 4 | 9 | 4 | 2 | 9 | 26 | 53 |
Inicio 






















