Mércores, 08 de setembro de 2010 | Actualizado 04:16

Actualidade

Aarón comezará a adestrar na Madroa

Por: Redacción
08.03.2010
O extremo celeste Aarón Ñíguez iniciará mañá na Madroa unha nova etapa na recuperación da terrible lesión que sufriu en Tenerife o pasado mes de novembro. O futbolista iniciará a fase de readaptación no campo de xogo, con traballo de carreira, e a potenciación da musculatura de extremidade danada.
Aaron

 

   Aarón lesionouse no partido de Copa do Rei ante o Tenerife no Heliodoro Rodríguez o día 10 de novembro do pasado ano, cando, cinco minutos antes do descanso, sufriu un forte golpe na súa perna esquerda no seu intento de despexar un balón.

   O diagnóstico foi demoledor: Rotura do ligamento cruzado anterior, do tendón do bíceps femoral, do ligamento lateral externo e da cápsula posterolateral do seu xeonllo esquerdo. Aarón foi intervido cirurxicamente de xeito satisfactorio o 11 de novembro na Clínica de Fátima polo xefe dos servizos médicos do Celta, Juan José García Cota, e o doutor González Ibáñez.

   Cúmprense pois case catro meses da fatídica lesión e o futbolista encara xa unha nova fase dunha recuperación que marcha por bo camiño, aínda que aínda está a varios meses dos prazos previstos para a súa reaparición.

comentarios
Historia do Celta de Vigo eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario, tamén se eliminarán todas as mensaxes que non teñan nada que ver co contido da noticia ou que busquen crear conflitos entre os usuarios. Calquera dúbida poderá ser enviada por email o administrador da web. Soamente poderán deixar comentarios aquelas persoas que teñen un usuario de Facebook. Grazas pola súa participaciún.