O recuncho de Fernando Gallego
Ex-director de Deportes de Faro de Vigo, medalla o Mérito Futbolistico pola F:G.F. , escritor da obra "75 años de historía del R.C.Celta" e gran amante do noso celtiña. Galardonado tamén co insignia de ouro e brilantes do Real Club Celta de Vigo.
Comentaríos e anécdotas
Fernando Gallego Arzuaga pasou a súa infancia entre a sede social do Real Club Celta -por razóns laborais dos seus pais-, entón na rúa Colón, onde chegou a coñecer, entre outros, a Miguel Muñoz, Mekerle, Pahiño, Marzá, Gaitos e Aretio entre outros, nos últimos anos da década dos corenta e primeiros dos cincuenta, e as instalacións de FARO DE VIGO na mesma rúa, poucos anos despois, xa que entrou a formar parte do persoal do FARO -maio de 1959- con só 14 anos de idade. Aos 18 ingresou na sección de Deportes, dirixida entón por Manuel Rodríguez Varela.
Desde entón seguiu con moito interese todos os acontecementos do Celta, coñecendo a fondo moitas das súas interioridades ao vivir directamente durante máis de trinta anos os adestramentos diarios do equipo e tamén os partidos non só os de Balaídos, senón tamén os que o Celta xogou lonxe de Vigo. En 1979 pasou a ocupar o cargo de xefe de sección de Deportes de FARO, cargo que ostentou ata xaneiro de 1996. Actualmente esta xubilado. Fernando Gallego, entre outros premios, está en posesión da medalla de prata ao Mérito Futbolístico da Federación Galega e foi nomeado como Vigués Distinguido.
Nesta sección encargásese de comentar desde o seu punto de vista, noticias sobre o Celta, do pasado e presente, así como comentar momentos vividos por el ao longo dos seus anos como celtista
-
Laureano Ruiz foi un adestrador que durou pouco tempo no Celta. Unha das cousas que non gustou moito foi a súa decisión de obrigar ao Club a que se trouxese de Cataluña auga de Vich, coma se aquí en Galicia non houbese boas augas de manancial. O home, por unhas causas ou outras causas non...Máis »
-
Anécdotas e Curiosidades Históricas do R.C.Celta (II)
Na tempada 1972-73, un dos xogadores que comezou a Liga sen renovar contrato foi o olímpico e ferrolán Juan. Daquela, expirado o contrato quedaban retidos, segundo os casos. Juan saíu vitorioso das negociacións o 21 de setembro de 1972 mellorando a ficha nun 40 por cento, pasando das 500.000...Máis » -
Anécdotas e Curiosidades Históricas do R.C.Celta (I)
Nestas tres próximas colaboracións intentarei resumir diversas anécdotas e curiosidades que se produciron ao longo da historia do Real Club Celta. Obviamente non poderei fixar datas, na maioría dos casos, porque a memoria non me chega a tanto.Máis » -
Coherencia deportiva e económica
O Consello de Administración do Real Club Celta que preside Carlos Mouriño vén actuando de coherencia tanto no aspecto deportivo como no económico. E non podería ser doutra forma á vista da situación que herdou do seu antecesor, como o proban os diferentes informes dos membros encargados...Máis » -
O Celta a flote
Está aínda recente a xunta xeral de accionistas do Real Club Celta, que serviu para esclarecer con argumentos claros e coherentes a situación económica actual que trae de cabeza aos membros do consello que preside Carlos Mouriño.Máis »
Inicio 

















