Mércores, 08 de setembro de 2010 | Actualizado 05:00

O recuncho de Antonio Arca

Antonio Arca

Antonio Arca Soler traeranos ao recordo nesta sección a aqueles futbolistas que o deron todo pola camiseta e o escudo do Real Club Celta de Vigo.

Novelas celtistas

Licenciado en Dereito e Procurador dos Tribunais, autor da novela "Que no muera el Celtiña", o ribeirense forxou o seu celtismo nos tempos da súa nenez, cando brillaban en Balaídos Manolo, Juan, Doblas, Rodilla, Castro ou Luís Villar; aínda que a súa paixón por estas cores levárono a converterse nun notable coñecedor de toda a historia do club.

Dono dun extenso arquivo documental e fotográfico e gran amigo de xogadores celestes de todas as épocas, non sabe explicar por que é do Celta, pero recoñece que constitúe o pracer mais doloroso que coñeceu xamais.

  • Jorge Santomé  

    Jorge Santomé 1977 - 1981

    A historia futbolística de Jorge Santomé quedou retratada a finais dos anos sesenta, cando un partido de infantís que se xogaba en Moaña tivo que desfacer o seu empate dende o punto de penalti. A Jorge correspondeulle o cuarto lanzamento e dispúxose a facelo como fixo todo na súa vida:...
    Máis »
  • Suso Santome  

    Suso Santomé 1976 - 1983

    Na localidade pontevedresa de Moaña, e nunha casa de catorce irmáns, Pepe Villar atopou para o Celta ao décimo terceiro e ao décimo cuarto. Eran dous bulebules do fútbol e da vida que naceran á vez o 31 de Marzo de 1955, e que se chamaban Suso e Jorge Santomé.
    Máis »
  • Lito  

    Lito 1966-1969

    Manuel Costas Bermúdez, Lito, chegou ao Celta sen facer ruído e marchouse do mesmo xeito en 1969 ao Racing de Ferrol. Entre ambas datas deixou o recordo dun goleador que fixo do salto de cabeza unha obra de arte inmortalizada nunhas fotos en sepia, pero tamén dunha persoa que converteu a súa...
    Máis »
  • Las Heras  

    Las Heras 1959-1968

    O ano 2005 deixounos para o recordo unha emotiva final da Champions que disputaron en Turquía o Liverpool e o Milán. Houbo paixón, goles, bo fútbol, incerteza, prórroga, agonía e a imaxe dun home arrastrándose polo campo antes que deixar en inferioridade numérica aos seus compañeiros: o...
    Máis »
  • Fernando Rodilla  

    Fernando Rodilla 1971-1976

    Falando fai uns días con Isacio Calleja do noso equipo e a súa historia, enseguida souben que se estaba referindo ao home que recordamos hoxe. "A min o que me encantaba, dixo o colchoneiro, era un rubito con cara de neno dunha extraordinaria habilidade".
    Máis »
  • Vavá  

    Vavá 1978-1980

    Houbo un Vavá no Elche que chegou a ser Pichichi da Primeira División e outro máis grande aínda na Selección de Brasil, pero para un Celtista de sentimento non hai máis Vavá que o porriñés que durante tres anos honrou coa súa presenza o ataque e o vestiario do noso querido club.
    Máis »
  • Tempada 1959-60. Coruña 2 - Celta 1. 2ª Division. Villar corta o tiro dun contrario  

    Pepe Villar 1951-1961

    Tiña os ollos da cor do club e o camiñar compasado e marcial dos grandes centrocampistas. Era elegante, cálido e bo; e ao falar con el desprendía un magnetismo que invitaba a ser o seu amigo. Durante medio século , Pepe Villar foi a estampa do Celta en todas as súas ordes , abandeirando un...
    Máis »
  • Canosa  

    Canosa 1978-1983

    Cada vez que un futbolista justifica una derrota en el estado del césped, el planteamiento táctico, la inclemencia meteorológica o la entidad del rival , los celtistas hacemos una mueca burlona y traemos al recuerdo a Canosa: Seis temporadas en el Celta jugando cada una de ellas en categoría...
    Máis »