logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
R.C.Celta Estadio Ubicación

 

O Estadio Municipal de Balaídos, está situado na cidade de Vigo. É o campo no que xoga o Real Club Celta de Vigo. Ten capacidade para 32.500 siareiros.

 

•          Dirección do Estadio: Avd. de Balaidos s/n 36210 Vigo - Galiza

•          Tlf de contacto: 986 213 230

Balaidos2

 

•          Dirección da Sede: Rúa Conde de Gondomar 1 (Praza de España) 36203 Vigo - Galiza

•          Tlf de contacto: 986 110 900

Sede_Praza_Espanha

 

Cómo chegar

En Coche Particular:

Entrada de Ourense / Madrid / Portugal. Éntrase pola Avd. de Madrid chegando á praza España (praza dos cabalos). Voltéase a rotonda e cóllese en dirección Gran Vía / Praza America.  Ao chegar á rotonda de Praza America existen catro camiños diferentes por onde poder chegar ao Estadio,  polas avenidas Castelao, Florida, Fragoso ou Castrelos. A máis directa pode ser a Avd. de Fragoso, que lévate en ringleira recta ata o propi Estadio.

Entrada de Pontevedra / Santiago. Éntrase a través da AP-6, saíndo na última saída ao centro da cidade. Cóllese de fronte pola empinada rúa Cervantes chegando ao cruce coa rúa Urzaiz. Nesa saída collemos á esquerda, e acto seguido viramos á dereita para coller a Gran Vía en dirección Praza España (a Gran Vía de Vigo está composta por dous tramos: partindo da praza España temos Gran Vía en dirección praza America ou praias e Gran Vía cara o centro da cidade ou saída cara autopista dirección Santiago). Logo, dende Praza España tomamos a dirección mencionada con anterioridade dende a entrada de Madrid.

 

En Autobús:

Estacion_Autobuses

A Estación de Autobuses está preto do centro da cidade, a escasos 10 minutos andando da Praza de España. Está situada na Avenida de Madrid, principal acceso a cidade dende o interior de Galiza.

Para chegar ao estadio é convinte coller un autobús urbano. Máis información en www.vigobus.com ou no telefono 986 373411.

 

 

 

 

 

 En Tren:

Renfe_Vigo

A Estación de Trens está a unha distancia aproximada de 3 km do estadio. Para desprazarse a Balaídos, o mellor sería coller un taxi ou un bus urbano. Actualmente esta en obras, pola chegada do AVE a Vigo, polo que hai unha Estación provisional na rúa Areal.

Máis información no teléfono 986 433369. Reservas no 902 240 202, ou na seguinte dirección www.renfe.com

 

 

 

 

Bus Urbano:

Vitrasa

Pódense consultar mapas e horarios no seguinte enderezo: www.vitrasa.es, ou no número de teléfono 986 207474. Os días de fútbol, hai liñas mais frecuentes co Estadio.

 

 

 

 

 

 

 

 Por Mar:

Naviera_Ria_Vigo

Durante todo o ano hai transporte horario ás localidades de Moaña e de Cangas do Morrazo. Os billetes poden adquirirse na Estación Marítima do Náutico, na rúa Cánovas do Castillo.

 

 

 

 

 

 

 

Taxis:

Taxi

O número central dos taxis en Vigo é o 986 470000.

 

 

 

 

 

 

 

En avión:

Peinador

“Peinador”, o aeroporto de Vigo, está situado nas aforas da cidade, a 10 km. de Praza España.

Para chegar ao centro existen nas inmediacións alugueres de coches, taxis ou autobús urbano. Máis información no teléfono 902 404 704.

 

 

 

 

 

Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop