
Escudo
As dúas "C" de Club Celta sempre adornaron o escudo
O escudo do Real Club Celta de Vigo variou pouco dende os seus comezos; máis ben tivo algún cambio de cores e tamén algún engadido ata formar o escudo que hoxe en dÃa coñecemos.
O escudo orixinal estarÃa formado polas dúas "C" de Club Celta e a coroa real, herdanza dos seus pais o Real Vigo Sporting Club e o Real Fortuna Football Club de Vigo.
Ao principio, a cor de fondo do escudo era vermella coma a cor da camisola. Máis tarde pasarÃa ao azul mariño, para pasar ao pouco tempo á cor celeste que coñecemos hoxe en dÃa.
A coroa co escudo foi o primeiro sÃmbolo do Celta, que tres anos máis tarde adquirirÃa a cruz de Santiago. Na etapa da República Española (1931 - 1936), desapareceu do escudo a coroa, que volveu no 1936. Estas imaxes podemos atopalas en fotos da época. Pero durante moitos anos, prácticamente entrados os 80, o escudo sen coroa era algo habitual de atopar en cromos, imaxes ou calquera obxecto que identificara ao club.
En ocasións, como poderemos observar nalgunhas fotografÃas, o Real Club Celta saltarÃa ao terreo de xogo únicamente coa cruz de Santiago, que adoitaba ser distintivo da súa condición de Campión de Galiza, tÃtulo que acadou en numerosas ocasións, igual que os seus proxenitores Vigo Sporting Club e Club Fortuna.
Â
Un escudo que representa a todo un paÃs
O escudo do Celta foi e será o escudo máis querido por calquera siareiro galego, xa que nel represéntase a toda unha terra como é a galega.
A cor celeste da camisola, a mesma que a da bandeira galega, a cruz de Santiago no peito, e como non, o nome do Celta, que provén da cultura e pobo dos nosos antergos.
O Celta, tal como di o seu himno, por historia e tradición é o equipo galego por excelencia. Non terá tÃtulos importantes a nivel estatal, pero os máis de 90 anos de historia forxaron un trato especial polas nosas xentes, chegando a alcumar agarimosamente ao equipo como o "Celtiña".
Dende Ribadeo, pasando por Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense ou Pontevedra, dende Cangas ata A Guarda, podemos atopar peñas celtistas polos catro costados. Ata na cidade rival por excelencia, A Coruña, tamén podemos atopalas, feito que demostra que o Celta é o equipo mais representativo de tódolos galegos.
