logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
R.C.Celta Camisola

 

Pasado_PresenteUniforme OficialA Baliño Ledo gustáballe a camisola celeste como uniforme do novo equipo, fillo da fusión do Real Vigo Sporting Club e o Real Fortuna F.C., pero foron outras as cores coas que comezaría xogando o novo club; sería camisola vermella, pantalón negro e medias azuis con volta branca.

Para o equipo B, aceptaríase a proposta de Baliño da camisola celeste, pero conservando o pantalón negro. Lembremos que o primeiro partido da historia, gañouno o B, iso xa quería dicir que o celeste non tardaría en imporse.

Con todo, a proposta que fixera Juan Baliño, pasou a ser o uniforme oficial o pouco tempo. Camisola celeste e o calzón branco, con medias celeste e brancas a franxas horizontais.

NoleteExiste por outra banda unha "lenda urbana" que sen poder corroborar en ningún documento histórico, fala de que por aquelas datas disputouse unha liguiña en Galiza para proclamar ao campión galego coa honra de vestir a camisola celeste coas cores da bandeira galega e a cruz de Santiago no peito.

Este torneo gañaríao o Real Club Celta de Vigo. Repetimos que son datos que ata a data nunca puideron ser verificados; Unha lenda máis dentro da mitoloxía galega.

Nas imaxes que podemos atopar da época, xurden algunhas incógnitas que dificilmente se poidan resolver. A foto que podemos catalogar como a primeira da historia do R.C.Celta, podemos observar aos xogadores ca camisola oficial (vermella, pantalón negro,etc). Tamén hai algunha imaxe onde podemos ver a camisola celeste con pantalón negro, todo normal segundo os textos que puidemos ler desas épocas.

Pero aquí ven a "anécdota" por chamarlle dalgunha maneira, sen resolver sobre a camisola do Celta de Vigo. No partido de cuartos da Copa de España contra o Athletic, xogado en marzo de 1924 en Coia, atopámonos dous documentos que nos sorprenderon bastante, xa que a portada de deportes de Faro de Vigo, amosa na parte central os dous equipos, en fotos diferentes. Na parte superior o R.C.Celta, na inferior o Athletic de Bilbao. Pero asombrado quedase un o ver a camisola do Celta, con raias horizontais anchas. O mais complicado sería atopar as cores que eran, xa que en 1924 os documentos eran todos en branco e negro.

25 03 1924 FaroVigoAquí podemos ver o xornal citado, e tamén a única foto histórica, que xamais vira a luz, do partido entre estes dous equipos. Na imaxe vemos un lance do partido, e podemos diferenciar o estadio de Coia, e incluso a Balbino Clemente de fondo. E a camisola que visten nin era a vermella nin a celeste. Que sucedería ese dia para usar esa vestimenta? Nunca volvemos atopar imaxes con esa camisola, pero para a historia aquí queda esta anécdota.

Nos nosos días, o R.C.Celta de Vigo, loce con moito entusiasmo e orgullo as cores celeste e branca, as cores da bandeira galega, sendo o equipo mais representativo da nosa terra. Inda que no século XXI, xogase moito mais co marketing que cos sentimentos, e normalmente as camisolas de todos os equipos teñen trazos que as fan diferentes, engadindo aveces, de maneira desafortunada cores que nada teñen que ver ca equipase oficial en si.

Celta_Athletic

As suplentes soen ser moi rechamantes, e de diversas cores. Normalmente a oficial, garda o celeste como intocable, pero os retoques aveces "matan" estas camisolas.

Dende esta web, nos sentimos moi orgullosos, que a camisola da tempada 2010/11 xurdira dende este recuncho. Unha equipación que recuperaba as medias a raias e as cores mais claras para o primeiro equipaxe. E fundía as cores celeste e negra na segunda dándolle un toque moi elegante, acompañada do debuxo dun triskel, símbolo da mitoloxía Celta.

Tanto é así que esta ultima foi das camisolas suplentes mais vendidas nos últimos anos.

 

2010_11

Debes rexistrarte para postear mensaxes

Galería de Camisetas do Celta

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop