
Fusión Vigo - Fortuna
Â
Â
Un vello preito, Novas listas de socios, Visita do Español de Barcelona, Chegada de equipos estranxeiros a Coia e Nomeamento de capitáns celticos.
As crónicas desa época, crónicas amareladas, con pátina de anos arrumbados, nada concretan sobre as datas de reunión das Xuntas do Celta, pero se puido constatar, non obstante, que tanto a Directiva como a Xeneral, celebraron frecuentes sesións ao correr de agosto e setembro de 1923, tomando acordos de candente interese e actualidade.

Un destes acordos, quizá o máis resonante, pois que transcendÃa ao ámbito da nacional, consistiu en solicitar da Federación Nacional de Fútbol, a través da Federación Rexional Galega, fóselle entregada ao Celta a Copa de S. M. o Rei, que a consecuencia dun litixio sostido polos Clubs Vigo e Fortuna, obxecto da fusión, achábase depositada naquel alto organismo nacional. Copa otorgada no campionato galego.
O proxecto de contrato de servizos dun preparador estranxeiro, que se encargase da dirección técnica dos xogadores. Traer a Vigo, para enfrontalos ao Celta, aos equipos checos "Sparta" e "Slavia" e aos alemáns "Furth", "Nuremberg" e "Bremen", que por entón, soaban moito no ambiente europeo, asà como o de contender co Sporting de Lisboa, en partido de presentación dos nosos equipiers. Proxectos, todos eles, explicados polo secretario do Club señor Barreras, completaron este febril que facer burocrático dos homes en cuxas mans puxo, o celtismo as súas ansias de estruturación orgánica e de prosapia das súas cores.
AÃnda, antes de comezar o Celta a súa vida activa no fútbol, reuniuse a Directiva con todos os seus xogadores, resolvendo nomear a LuÃs Otero e LuÃs Casas PasarÃn, capitán e vicecapitán, respectivamente, do equipo A, e a Juanito Clemente e Córdoba, por esta orde, para os mesmos cargos do equipo B.
O 3 de setembro de 1923, todos os xogadores que compuñan o Real Club Celta, recibiron un telegrama notificando a súa presencia para o dia seguinte, de maneira de dar comezo os primeiros adestramentos da historia, do novo club. Nos aportamos aqui un telegrama orixinal que temos no noso museo, que no seu momento pertenceu ao xogador do Celta, Máximo.
Â
