logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop

Taberna Letreiro

As portas da nosa casa ábrense para recibir ós visitantes que percorren a nosa terra, transmitíndolles o orgullo de pertencer a un pobo de mitos, lendas e tradicións Celtas. A Taberna do Celta é un lugar único onde poder desfrutar da paixón e o agarimo polas cores do noso equipo de fútbol.

Taberna01

A Taberna do Celta, é un local de ambiente celtista, totalmente diferente a calquera outro local de hostalería en Vigo. É un local temático, único na cidade, onde poder pasar unha tarde tomando unas cervexas cos amigos, e contemplando a colección privada mais importante da historia do Real Club Celta de Vigo.

No mesmo local facemos unha chiscadela á nosa cidade, con grandes murais con imaxes de finais do século XIX e principios do século XX, a través das cales todo aquel turista ou cidadán vigués, poderá gozar contemplando esas imaxes, ao mesmo tempo que se lles informa da situación que mantiñan en Vigo ou cal é o seu novo emprazamento cunhas guías informativas.

Tamén a cidade moderna e todos os seus puntos de interese podémola atopar no local, como principal referente turístico.

A páxina "http://historiadoceltadevigo.net" foi a faísca que prendeu toda esta idea, e que grazas as miles de visitas que recibe a páxina diariamente, foi un apoio moral para facela realidade.

Queremos que a Taberna sexa un punto de unión dos celtistas na cidade, onde poder lembrar a historia do noso clube ao mesmo tempo que se pode gozar cun bo caldo ou unha boa tapa, produtos da nosa gastronomía.

Terraza InteriorO local esta ambientado con música tradicional galega durante gran parte do día, mentres nas súas pantallas pódense visualizar partidos ou documentais históricos sobre o Celta e tamén sobre a nosa cidade e a nosa terra.

A súa cociña tradicional galega, ofrece unha gran variedade de tapas, pasando polos produtos da horta, do mar, e dos pastos galegos, ata chegar a repostería caseira onde os seus doces, non deixan indiferente a ninguén.

Podedes descansar nas súas terrazas, tanto a exterior como a que temos no interior do local (cuberta no inverno), nuns xardíns que acompañan a tranquilidade e descanso, e onde poden xogar os nenos sen medo a que podan extraviarse.

Na época estival, o local queda aberto totalmente a rúa cas súas fiestras abatibles para o gozo dos seus clientes nun ambiente único de relaxación.

Temos 2 pantallas interiores de 60" e unha pantalla na terraza interior que principalmente temos instalada para os días de partido, cando o tempo climatolóxico acompaña.

A Taberna tamén ofrece espectáculos como son os monólogos, os tupper-sex mixtos para homes e mulleres, festas populares de orixe celta como o Samaín ou o May-Day (con decoración temática), e xuntanzas celtistas acompañadas de gaiteiros e pandereteiras con música tradicional galega.

Todos os xoves a Taberna celebra o Xoves Anti-Crise, con prezos populares en bebidas e tapas dende 1€, para que os nosos clientes podan degustar as variedades da nosa cociña tradicional.

As noites da Taberna tamén son un reclamo para aquelas persoas que gusten dun local que o chegar a media noite, cambia o seu decorado, pasando da cervexería-tapería da tarde, a un pub celtista con luz tenue e música actual pola noite ata as 02:00hs, onde pódense degustar os cócteis da casa e as copas a prezos populares, todos os xoves, venres e sábados.

Taberna02Os días de fútbol cando xoga o noso equipo, principalmente nos partidos de fora da casa, o local pasa a transformarse nunha bancada mais do Estado de Balaídos, creando un ambiente celtista inigualable na cidade, con centos de persoas unidas por una soa cor e alentando ao equipo como se dende o mesmo Estadio se tratara.

Visítanos e goza das tardes no fogar dos celtistas, un local no que serás sempre ben recibido e que compartiras cos teus amigos momentos inesquecibles.

Localización - Carta da Cociña - Imaxes - Facebook - Galería de Fotos en Facebook - Videoteca - Twitter

 

Comentarios  

Data
Xan 20, 2012
Escrito Por
Mardebouzas
+4 Quisiera saber cuando inauguran la taberna y a que hora, estuve por allí hoy por la mañana pero no indican el dia ni la hora de apertura.
Data
Xan 20, 2012
Escrito Por
Mardebouzas
+5 Enhorabuena por el estilo y la decoración de la Taberna do Celta,estuve en la inauguración y me pareció impresionante, es un verdadero museo celtista.
Data
Xan 21, 2012
Escrito Por
juandavila
+3 Buenas, ayer ví la noticia en Halacelta de la apertura y me decidí a ir con un amigo hoy a ver que tal estaba esto, te lo juro, me quedé asombrado, es un sueño, lo que cualquier celtista estaría deseando y eso que yo soy de los jóevenes, pero es maravilloso.

Además he visto las fotos de como cogiste la tabaerna al rpincipio y le has dado un cambio inimaginable a mejor, es todo fantástico, la decoración es maravillosa y volveré en cuanto pueda.

Mi más sincera enhorabuena, crack!
Data
Xan 22, 2012
Escrito Por
celtiñasempre
+3 yo fuí hoy a ver el partido y esta muy wapo! aunque el partido no fue muy bueno, en la taberna habia un ambientazo! me encanto!
Data
Xan 23, 2012
Escrito Por
ialma / Admin-Web
+1 Grazas a todos vos, foi un éxito a inauguración e o partido de hoxe. saúdos
Data
Xan 23, 2012
Escrito Por
danivigo22
+2 Por cierto para los que no estamos en Vigo, sube un par de fotos de como quedo el Local.
Gracias
Data
Feb 05, 2012
Escrito Por
SufridorCeleste
+2 Este local es el Olimpo de los celtistas, es un sueño hecho realidad, que pasada. Joder, cada día esta página y su administrador me sorprende mas, aun no entiendo como el club ha podido dejar de lado a una persona con tanto sentimiento por nuestro equipo y con unos trabajaos tan bien hechos, como son la web y este nuevo local. Yo seré cliente asiduo. Felicidades.
Data
Mar 08, 2012
Escrito Por
juandavila
0 hoy vuelvo jaja

Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop