logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Historia Liga Historia da Liga

 

LFPA Liga española de fútbol é a principal competición entre equipos de fútbol de España. Celébrase anualmente desde 1929, e a tempada desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio). O torneo está integrado por un sistema piramidal de ligas (divisións) interconectadas entre si, cuxa máxima categoría é a Primeira División. Ao remate de cada tempada, e en función dos resultados obtidos, os equipos participantes poden ascender ou descender de división.

Despois de que en 1925 se legalizara o profesionalismo no fútbol español, os principais clubs do estado español xestaron o nacemento dunha liga, inspirándose no formato inglés.

No ano 1927 tiveron comezo os primeiros pasos, creándose a Liga Máxima (maximalistas) partidarios dunha liga co máximo de equipos posibles. Unha Liga composta polo Sevilla, Valencia, Athletic club de Madrid, Español, Murcia, Sporting de Gijón, Iberia de Zaragoza, Celta de Vigo e Racing de Santander. Unha competición que os propios clubs foron devaluando, ata o punto de non xogarse tódolos partidos, pola perdida de interese que producira.

Antes do comezo da Copa, se disputaran un total de 48 partidos, entre tódolos equipos, xogando algún mais partidos que outros, polas incomparecencias de moitos e a falta de interese. Así con data 15 de Xaneiro de 1928, a clasificación estaba liderada polo Celta de Vigo, seguido de Racing, Sporting, Iberia e Sevilla. E logo o resto de equipos. Os únicos que disputaran 8 encontros foran o Sevilla, Sporting e Celta. Sobre o 29 de Xuño a competición quedou paralizada, deixando unha clasificación definitiva segundo partidos xogados e puntos:

Racing primeiro, 13 partidos xogados, 17 puntos. Celta segundo, 10 partidos xogados, 14 puntos. Iberia terceiro, 10 partidos xogados, 12 puntos, Sporting, Murcia, Español, Athletic de Madrid, Valencia e Sevilla, completarían a clasificación.

Para a creación da Liga, houbo moitas reunións, tiras e afrouxas entre todos os clubs, os que foran campións que se negaban a disputar este novo torneo e o resto de participantes.

O presidente do Areas de Getxo, José María Acha, foi o impulsor inicial do proxecto. Tras múltiples discrepancias sobre os clubs que debían integrar o campionato, finalmente chegouse a un acordo o 23 de novembro de 1928, en que se establecía unha Primeira División formada por dez equipos e unha Segunda División con dous grupos (A e B) de dez equipos cada un (aínda que na práctica o Grupo B era o equivalente a unha terceira categoría).

Pasan os meses e séguese debatendo como crear esta Liga, que equipos deberían formala e como debería desenvolverse. Sen entrar en datas exactas, decídese crear o primeiro campionato 1928/29.

LFP1A Primeira División quedaría integrada por tódolos equipos que ata a data disputaran algunha Final de Copa. Iso supuña un total de nove equipos: seis campións (Athletic de Bilbao, Real Madrid, Real Sociedade, FC Barcelona, Real Unión de Irún e Areas de Getxo) e tres subcampións (Atlético de Madrid, RCD Espanyol e CE Europa). Neste grupo quedaría exento o R.C.Celta de Vigo, cousa que trouxo no seu momento un gran conflito, xa que pola fusión do Vigo Sporting e do Fortuna foi creado este equipo, e os títulos que obtiveran os seus proxenitores recaeron neste novo club.

O de subcampión de Copa de 1908 que obtivera o Vigo, non foi aceptado pola Liga de Fútbol, e non sentou nada ben en terras galegas. As malas linguas dicían que a súa exclusión era debida ao problema xeográfico da cidade de Vigo, que quedaba a des man, debido aos medios de comunicación terrestre da época.

Naqueles momentos, Vigo era unha potencia futbolística, e xa en 1922 xogárase unha Final de Copa nesta cidade.

Así deste xeito quedaría unha praza mais para disputar polos equipos que de xeito sucio decidiron non conceder a honra ao Real Club Celta de formar parte da Primeira División.

Por iso é polo que o Celta tivo que disputar un torneo de promoción, para dar o vencedor que ocuparía a 10º praza en Primeira, xunto cos xa clasificados directamente Athletic de Bilbao, Arenas, Irún, Barcelona, Real Sociedad, Real Madrid, Atlético de Madrid, Español e Europa.

O torneo o comporíano os seguintes equipos: Racing de Santander, Valencia, Sevilla, Celta de Vigo, Iberia de Zaragoza, Alavés, Oviedo, Coruña, Sporting, Betis e Racing de Madrid.

A primeira eliminatoria a disputarían Oviedo e Iberia, clasificándose os asturianos. E a outra seria entre o Betis e o Alavés, clasificándose os andaluces. En cuartos Oviedo - Betis, Racing Santander - Valencia, Sevilla - Coruña e Celta - Sporting. De aí pasarían a semifinais Betis, Santander, Sevilla e Real Club Celta, logo de deixar na cuneta ao Sporting por 3-2.

O partido de semifinais gañouno o Sevilla 1-2 deixando ao Celta na Segunda División. A outra semifinal a gañarían os cántabros, que disputarían a Final ao Sevilla, a cal houbo de xogarse a tres partidos para coñecer o Campión. Que sendo o ultimo en participar na Primeira División, tería a honra de facelo o Racing de Santander.

O 10 de Febreiro de 1929 disputouse a primeira xornada do campionato de Liga. Este formato de competición, con pequenas modificacións, mantense aínda vixente. Os cambios máis significativos foron na cantidade de equipos que compoñen a competición, así como o número de categorías. A Terceira División foi introducida na tempada 1929/30 e por enriba desta, na tempada 1977/78 creouse a Segunda División B.

A década dos 70 caracterizouse polo aperturismo progresivo que experimentou o fútbol español. Tras varios escándalos de corruptelas e falsificacións para formalizar fichaxes de futbolistas estranxeiros coa etiqueta de oriúndos, permitiuse finalmente a fichaxe de dous estranxeiros por equipo.

Na tempada 1984/85, a Primeira e Segunda División pasaron a ser xestionadas pola LFP, un organismo independente da Real Federación Española de Fútbol, aínda que esta seguiu controlando o Comité de Competición da Liga.

A tempada 1995/96 introduciuse un novo sistema de puntuación, en que a vitoria pasou a valer 3 puntos no canto dos 2 tradicionais.

 

Equipos participantes

Para poder participar na Liga española, os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).

A diferenza doutros países, como a liga inglesa, os equipos filiais poden participar na Liga, aínda que nunca nunha división superior ou igual á do equipo ao que pertencen.

 

Desenvolvemento da competición

Aínda que o número de equipos que integran cada división varía, todas as categorías seguen un mesmo sistema de competición. O torneo desenvólvese entre os meses de setembro (ou finais de agosto) e xuño (ou finais de maio) do seguinte ano.

Cada club enfróntase en dúas ocasións aos demais equipos da súa mesma división (unha vez en campo propio e outra no do contrario), seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Xeralmente dispútase unha xornada cada semana (coincidindo co fin de semana). Os encontros finalizan aos noventa minutos, sen prórrogas nin lanzamentos de penaltis en caso de terminar en empate.

 

Puntuación e clasificación

En función do resultado ao final de cada partido, os equipos obteñen unha serie de puntos: tres para o gañador, cero para o perdedor e un punto para cada equipo en caso de empate. Ao termo da tempada elabórase unha clasificación en función dos puntos acumulados ao longo do campionato.

Copa_LigaO empate a puntos entre dous equipos na clasificación dirímese tendo en conta a diferenza de goles entre ambos, nos enfrontamentos directos. Se persiste o empate, valórase máis ao equipo que, no global da liga, obteña maior diferenza entre os goles marcados e os encaixados. No caso de que sexan tres ou máis os equipos implicados no empate, tense en conta en primeiro lugar o número de puntos obtidos nos enfrontamentos entre os clubs implicados, seguindo pola diferenza de goles nos enfrontamentos entre devanditos clubs, e os goles a favor no caso de que continuase o empate.

Se non se acabou coa igualdade, teríanse en conta os goles anotados e encaixados durante toda a liga polos clubs empatados a puntos. O sistema é eliminatorio. É dicir, se co primeiro método de desempate, un equipo desempata e persiste o empate entre outros dous, volverase a aplicar todo o sistema aos clubs que sigan empatados, eliminando aos xa desempatados.

O equipo que suma máis puntos ao final do campionato proclámase campión da súa categoría e, no caso da Primeira División, o primeiro clasificado é considerado o campión de Liga. Dado que se trata dun sistema xerárquico de ligas interconectadas entre si, os primeiros clasificados de cada división teñen a opción de ascender á categoría superior para a seguinte tempada, substituíndo aos últimos clasificados de devandita categoría, que son degradados. O número de equipos que ascenden e descenden varía en función de cada categoría.

Os catro primeiros clasificados da primeira división acceden a participar na máxima competición europea da seguinte tempada, a Liga de Campións. Os dous primeiros obteñen clasificación directa, mentres que o terceiro e cuarto disputan unha eliminatoria de clasificación (en caso de ser eliminado nesas eliminatorias, pasará a participar na Copa da UEFA).

O quinto e sexto clasificado obteñen a clasificación directa para participar a seguinte tempada na Copa da UEFA, xunto ao campión da Copa do Rei.

Na Segunda División, dende a tempada 2010/11, ascenden directamente, os dous primeiros clasificados. E do cuarto ao sexto posto, xóganse unha promoción para ditaminar a terceira praza de ascenso.

Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop