logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Historia Os Comenzos
Indice do artigo
Campion Galego en 1923. Viaxes por España.
Copa de España 1924, fronte aos Leóns de San Mames.
Encontros internacionais 1923/24.
Todas as páxinas

 

Campion Galego en 1923. Viaxes por España.

Os pasos dados polo Celta ata aquel entón foran puramente amigables. Pero o 7 de outubro do ano en cuestión iníciase o Campionato Galego. E o noso representante, proclamaríase campión.

MadridInicia o torneo enfrontándose ao Unión Sporting de Vigo, no campo de Barreiro, en Lavadores. Dous tantos a cero, foi a primeira vitoria conseguida polos célticos, que na volta en Coia se imporian por un contundente 7-1. A este triunfo séguenlle outros contra, Eiriña (5-0 e 0-6) e Racing de Ferrol (7-0 en Vigo e 2-3 en Ferrol).

Caeran todos, ante a forza daquel novo conxunto, que albergaba, xustificadamente ademais unha infinidade de aspiracións. O último encontro deste torneó xogouno en Pontevedra fronte ao Eiriña. Foi aquela a primeira gran cita provincial de fútbol. París, Posada, Correa, Chicha, Polo e Clemente marcaron os goles.

Debido ás distintas suspensións que por moitos motivos operáronse no calendario da liga rexional, o Celta realizou viaxes a varias poboacións españolas, pra xogar encontros amigables contra distintos clubes. Será oportuno recordar que por mor da fusión, o novo clube vigués recibiu multitude de invitacións pra participar en encontros de carácter non oficial.

En Madrid o noso representante é derrotado pola marxe dun só gol. Con todo, polo seu gran xogo, din as crónicas daquel tempo, que o noso equipo mereceu a vitoria, excesivamente no encontro xogado fronte ao Madrid o dia 8 de novembro, que finalizou co resultado de 3-2, a favor dos representantes da capital de España. Jacobo Torres, polos seus moitos reparos ao xuíz da contenda foi expulsado do campo.

En Barcelona xogou os dias 1 e 4 de novembro, perdendo ambos encontros, o primeiro por 3 a 0, e o segundo por un 5-3. En Valencia tamen estivo, os dias 2 e 3 de decembro, perdendo ambos encontros pola minima, 1-0 e 2-1. Por Asturias pasou na primaveira, do 10 e 17 de febreiro, gañando o primer encontro por un contundente 1-8, para logo perder o seguinte por 6-1. O 11 de maio devolveria a visita o Sporting de Xixon a Vigo, perdendo na cidade olivica os dous encontros, por 5-3 e 2-1.

 



Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop