logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Historia R.C.Celta de Vigo
Indice do artigo
10-08-1923 Real Club Celta de Vigo
Dende 1923...o equipo de Galiza
Todas as páxinas

 

10-08-1923, Real Club Celta de Vigo

CeltaAquí faremos un repaso a súa historia, mencionando as datas e os acontecementos mais importantes acontecidos dende fai mais de 87 anos, polo equipo mais representativo e con mais seguidores do noso país.

Nome: R.C.Celta de Vigo S.A.D.

Data de Nacemento: 10-08-1923.

Campo: Estadio Municipal de Balaídos.

Cidade: Vigo.

País: Galiza (Estado Español).

Titulos: 6 Campionatos Galegos (1924, 1925, 1926, 1930, 1932 e 1934), 3 Campionatos de Segunda (1935/36, 1981/82 e 1991/92), 1 Campionato de Segunda B (1980/81), 1 Campionato de Terceira (1930/31), 1 Copa Intertoto 2000, 3 Subcampionatos de Copa de España (1908 (herdanza do Vigo Sporting), 1948, 1994 e 2001) e 2 Copa Galiza (2007 e 2008).

 

Fundación

Nome_CeltaO Real Club Celta de Vigo foi fundado o 10 de agosto de 1923, polos seus principais promotores, Hándicap, Pepe Bar e Juan Baliño, ao fusionar os dous clubs mais importantes da cidade de Vigo e do noso pais naquel momento: o Real Vigo Sporting Club e o Real Fortuna Football Club.

O nome do Real Club Celta nace nunha xuntanza entre socios do Vigo e do Fortuna nos salóns do cine Odeón. Estes deciden por unanimidade que o novo nome que debería levar o club que representara a todos os vigueses e galegos polo mundo adiante, sería o de "Celta", despois de que outros como Breogán ou Olímpico quedaran descartados.

Final_Copa_1908Créase este club pola fusión do Vigo Sporting e do Fortuna. Únicos campións galegos ata o nacemento do Celta. O Real Vigo Sporting  Club era o máis importante na cidade, xa que foi subcampión da Copa do Rei en 1908 contra o Real Madrid, e o que mais títulos de Campionatos Galegos tiña, 9.

A primeira Asemblea Xeral do Real Club Celta tivo lugar o 23 de agosto de 1923, e reuniuse nos locais da Federación Gremial de Patróns, ás dez da noite, elixíndose nela a seguinte Xunta Directiva:

Presidente: Excmo. Manuel Bárcena Sr.Conde de Torre Cedeira.

Vicepresidentes: D.Manuel R.Cadaval e D.Manuel Otero Bárcena.

Directores: D.Alejandro Molías, D.Guillermo de Oya e D.Rafael Tapias.

Secretario: D.Gaspar Barreras.

Vicesecretario: D.Josefino López Valeiras.

Tesoureiro: D.José Lago.

Vogais: D.Francisco Curbera Tapias, D.Julio Curbera, D.José Bar, D.Yoaquin de Miguel, D.Fernando de Castro e D.Ventura Lago.

Nesta reunión acordouse tamén constituír dous equipos, "vermello e azul", e efectuar a súa presentación ao público o máis axiña posible.Tamén se indicou a conveniencia do nomeamento dunha comisión, presidida por un dos directores, que se encargase de impulsar o atletismo, deporte básico para a formación física das futuras xeracións.

A presidencia anunciou que se facían xestións para, traer un adestrador estranxeiro. E aínda que os asembleístas oíron silenciosamente e, ao final, mostraron o seu entusiasmo polas declaracións do presidente da mesa de que o Celta contaba xa naqueles momentos con máis dun milleiro de asociados, o que constituía unha cifra xamais coñecida en ningunha sociedade deportiva viguesa, a verdade é que ese entusiasmo alcanzou proporcións xigantescas ao facerse público que ao redor das bandeiras do Celta, aínda orfas de mastros, agrupábase xa unha fulgurante lexión de xogadores, en número de 64, entre os que figuraban como de máis relevo os seguintes: Isidro, Lilo e Rubido (gardametas). Otero, Pasarín, Juanito Clemente, Daniel e Kaíto (defensas). Jacobo Torres, Balbino, Queralt, Hermida, Pombo, Cruces, Córdoba, Máximo e Bienvenido (medios). Reigosa, Chiarroni, Posada, Polo, Correa, Gerardito, Ramón González, Caride, Pinilla, Salvador, Chicha, Miguelito e Casal (dianteiros).

CoiaO R.C.Celta disputa os seus partidos como local no Estadio de Balaídos inaugurado en 1928. Antes durante 5 anos estivo xogando no campo de Coia, coñecido como "A Catedral".

Xogou 47 tempadas en Primeira División e ocupa a posición 10ª na clasificación histórica da Liga en tempadas en Primeira, empatado co Betis, e detrás de Athletic (80), Barcelona (80), Real Madrid (80), Valencia (78), Espanyol (78), Atlético de Madrid (76), Sevilla (67), Real Sociedad (65) e Zaragoza (58).

Entre os seus logros pódense destacar 4 subcampionatos de Copa do Rei, unha Copa Intertoto no ano 2000, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, cinco delas de forma consecutiva. Tamén unha participación na UEFA Champións League na tempada 2003/04.

Actualmente xoga na Primeira División, logo de ascender na tempada 2011/12 tras un lustro na Segunda División. Lugar que lle corresponde por historia e tradición.. 



Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop