logoCabeceira2g
first
  
last
 
 
start
stop
Vigo Historia
Indice do artigo
Historia de Vigo
Escudo
Lugares de Interese
Museos
Festas
Medios de Transporte
Todas as páxinas

 

A Porta do Atlántico

Vigo06Vigo "Fiel, Leal y Valerosa", título que recibiu a nosa cidade o 1º de marzo de 1810, en consideración e xusta recompensa polos actos heroicos que en 1809 o pobo de Vigo, que foi o primeiro de Galiza e da península ibérica, realizou para sacudir o xugo francés. Expulsando na batalla da Independencia, as tropas de Napoleón.

Vigo, coñecida como a Cidade Olívica, e unha cidade sita en Galiza, na parte occidental da provincia de Pontevedra. Historicamente, pertenceu a comarca do Val do Fragoso, inda que actualmente constitúe o núcleo da comarca de Vigo.

E unha cidade costeira das Rías Baixas que limita o norte ca ría a que da nome, (Ría de Vigo), o noroeste co municipio de Redondela, o este co de Mos, o sur cos de Porriño e Gondomar e o suroeste co municipio de Nigrán. O outro lado da Ría e xusto enfronte da cidade encóntranse as vilas de Cangas e Moaña.

A cidade viguesa esténdese en dirección noroeste-suroeste pola beira sur da ría, ós pes do outeiro chamado Monte do Castro, ó que rematou rodeado completamente co crecemento urbanístico, e onde podemos encontrar unha fortaleza a cal defendía a cidade das invasións piratas e uns xacementos Celtas, onde viviron os primeiros poboadores da urbe.

Vigo é unha cidade moi nova. A súa carta de cidadanía data de 1810 e o gran desenvolvemento urbano e demográfico produciuse no século XX, no que multiplica por vinte a súa poboación.

Vigo07

Con preto de 300.000 habitantes censados, Vigo é a cidade máis poboada do país, e se sumamos a poboación que vive no resto de vilas que conforman a área metropolitana da comarca de Vigo, estariamos a falar de 500.000 habitantes. Segundo datos recentes, a nosa foi unha das cidades europeas que máis crecemento poboacional tivo nas derradeiras décadas.

Falar de Vigo é falar dunha cidade industrial, e do principal motor económico de Galiza, caracterizándose por unha economía diversificada vencellada á industria e ós servizos. A construción naval e mailo sector pesqueiro sempre foron moi importantes para esta cidade.

Vigo12

Con máis de nove quilómetros de peirao, o porto de Vigo, que conta cun importante tráfico de mercadorías, é o numero un de Europa, é un dos máis importantes do mundo, e a comezos do século XX, este estivo moi unido á imaxe de milleiros de galegos emigrando a outros países na procura do traballo que non atopaban na súa terra.

O clima da cidade de Vigo e oceánico con influencias mediterráneas; un microclima. Caracterizase por uns invernos suaves e con chuvias moderadas, e uns veranos cálidos pero non extremos, pois as temperaturas non soen superar os 35°C.

Situación: 42º 14' Norte, 8º 45' Oeste

Extensión: 110km2

Poboación: 300.000 habitantes (2011)

Temperatura media: 15ºC

Download

 



Debes rexistrarte para postear mensaxes

ATÓPANOS EN

Historia do Celta en --}   Twitter  Facebook

Taberna do Celta en --}   Twitter Facebook

first
  
last
 
 
start
stop